quinta-feira, 8 de maio de 2008

As eivas de REGANOSA

O proxecto Reganosa nin foi avaliado medioambientalmente nin ten acreditado os condicionados para poder autorizar o seu funcionamento. É mais, nesta ubicación é imposible que Reganosa poida cumprimentar:
  • As distancias suficientes ás pobacións, segundo o artigo 12 da Directiva 92/82/CE
  • A saída ao mar dos buques gaseros polos seus propios medios, en caso de emerxencia , segundo require a norma EN-1532
  • O efecto dominó que prevé o artigo 8 da Directiva 96/82/CE, trasposto ao RD 1254/99. Non se tivo en conta que a Planta de Gas se construíu adosada ao complexo petroquímico Forestal do Atlántico, o que magnificaría enormemente as consecuencias dun accidente grave na Planta de Reganosa ou no complexo petroquímico.
A pretensión da Autoridade Portuaria de dragar a canle da Ría non garantiría a saída ao mar dos gaseros polos seus propios medios, en caso de emerxencia , e que de levarse a cabo, con recursos públicos que son de toda a cidadanía, degradaría aínda mais a Ría de Ferrol, cando está próximo a entrar en funcionamento o Porto Exterior.

Nenhum comentário: