quinta-feira, 8 de maio de 2008

Propostas de traballo e calendario de mobilizacións

A Autorización Definitiva concedida polo Ministerio de Industria, pode influír nalgún sector da poboación no senso de desanimalos a seguir dando a batalla contra Reganosa.

Levamos 8 anos de loita, contra un adversario potente, (conxunción do poder economico-politico-mediatico), unha loita que vai a proseguir en todas as súas vertentes, terá un longo recorrido ata acadar a paralización da planta de Reganosa.

Como todas as loitas populares, en defensa da vida e do ben común, esta tamén é unha loita de resistencia. Non só contan as grandes accións e mobilizacións. As concentracións e caceroladas que vimos realizando, menos numerosas en participación, pero constantes, ante a entrada de gaseiros; as actuacións diante da Xustiza, das Administracións; a presenza en feiras, congresos, xornadas , foros e plataformas... darán os seus froitos.

Nunca é tarde para defendernos, nunca é tarde para evitar unha traxedia.
Mobilicémonos!


Calendario de mobilizacións.-
  • 9 DE MAIO
    Roteiro reivindicativo pola cidade de Ferrol, sinalando entidades financieiras e empresas que participan en REGANOSA (Grupo Tojeiro, Caixa Galicia, Caixa Nova, Banco Pastor, ENDESA, FENOSA), con saída ás 18hs do Edificio da Xunta.
  • 8 de XUÑO
    Manifestación en Ferrol ás 12 hs no Porto de Curruxeiras.
  • 23 de XULLO
    · IIª Marcha a pé de Ferrol a Mugardos, con saida ás 17hs do porto de Ferrol.
    · Festival artístico-musical-reivindicativo, no aniversario de Peche da viciñanza de Mea no Concello de Mugardos.
  • XULLO
    Realización dun gran mural que poida entrar no Guiness polas suas extraordinarias dimensións.

Nenhum comentário: