quinta-feira, 8 de maio de 2008

Unha loita con Historia

Reganosa é un dos maiores escándalos de corrupción política, económica e mediática da democracia e tamén pode chegar a converterse nunha enorme traxedia no caso de que siga con actividade. Non existen medios materiais, nin técnicos capaces de evitala diante os elevados riscos de accidentes. Que Enagas, trala súa privatización, renunciara á Planta de Gas, non é xustificación para que a Xunta de Galicia apostara, a costa das nosas vidas e patrimonios, pola localización dentro da Ría de Ferrol, polo feito de que os seus promotores decidisen, por razóns de benefício propio, a localización en Mugardos. Lugar que xa fora descartado, no ano 1994 por un riguroso estudio técnico de riscos realizado por MW Kellog.

Dende o ano 1999 estamos a denunciar esta corrupción. O xermolo do Comité Cidadán de Emerxencia, xa nese ano, realizou diferentes iniciativas para que a Planta se ubicara no exterior da Ría de Ferrol. En xullo de 2001 constitúese como Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, con José Gabeiras de Presidente e Carmelo Teixeiro como Coordinador, que morreron sen ver cumplido o obxectivo de librar á poboación da comarca do perigo da Planta, á Ria de Ferrol e ás xentes do mar que viven dela, dunha nova agresión medioambiental. En todos estes anos leváronse a cabo accións, mobilizacións, denuncias, investigacións..., mais a estratexia envolvente e de feitos consumados que Reganosa empregou, axudada pola conivencia política dos gobernos do PP, de Fraga, Aznar, de certos medios de comunicación e nestes tres últimos anos, do bipartito PSOE-BNG, fixo posible a construcción da Planta de Gas dentro da Ría e a súa entrada en funcionamento.

Nenhum comentário: